domingo, 8 de maio de 2016

Mes de Maio - 2016

Para conmemorar o Mes das letras e antes de celebrar o Día das Letras Galegas no Colexio quixemos festexar un día de gran tradición na nosa cidade como é o día dos Maios.

Seguimos a canción de "Indo eu" e os nenos e nenas de 3º ciclo bailaron segundo a música



martes, 8 de marzo de 2016

Dia da muller traballadora - 2016

Para conmemorar este día fixemos unha pequena exposición con láminas decoradas polo alumnado de 3º ciclo



luns, 29 de febreiro de 2016

Dia de Rosalia 2016

Un ano mais sumámonos a celebración do Dia de Rosalía, e fixémolo coa seguinte actividades:
- A elaboración e envío dunha postal cun diseño alusivo ao Día de Rosalía e cun verso ou estrofa que animase os rapaces a facer un debuxo en torno a figura de Rosalía de Castro.

Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados.



sábado, 30 de xaneiro de 2016

Dia da paz 2016 - Como o celebramos

Para celebrar este día estivo connosco no cole "Paco Nogueiras" interpretando as cancións do seu CD "Brinca vai".

Durante a semana nas aulas traballamos a canción "Apertas que voan" e decoramos os carteis coa letra da canción.

Por outra banda, os nenos e nenas de 5 anos A e B, fixeron os debuxos do conto "Wangari e as árbores da Paz"


domingo, 24 de xaneiro de 2016

Canción Día da Paz 2016

Este ano vamos a cantar todos xuntos a canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan"



Letra:
Mans brancas e cara negra,
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
ai, teño sentimentos vellos.
Mans negras e cara branca,
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos,
de apertas que voan no vento.
(Retrouso)
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez.
Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en deixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.
Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
(Retrouso)
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez.
Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.
Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.
(Retrouso 1)
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez.
(Retrouso 2)
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez.
(Retrouso 3)
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez.